Lista actualizada de membros
20:15 in comunicados by BenComún
Vimos de actualizar a lista de membros da Iniciativa BenComún: se asinaches e o teu nome non consta, ou ben se desexas modificar ou cancelar a túa adhesión, por favor envíanos un e-mail a iniciativa.bencomun@gmail.com
Por outra banda, despois duns días en que diversas persoas non puideron confirmar a súa adhesión á Iniciativa BenComún, o problema foi resolto: abonda abrir este enderezo, cubrir os campos e enviar. Pedimos desculpas a todas as persoas afectadas e agradecemos a paciencia e a disposición a formar parte deste proxecto colectivo que é BenComún.
